Fondo cabecera Concello de Lourenzá

Gastronomia

Dende o ano 1991 vense celebrando en Vilanova de Lourenzá a Festa da Faba, un conxunto de actividades co que se pretende popularizar este produto de gran calidade. Preparadas con xamón, en empanada, en torta e ata en biscoito, estas fabas do val do Masma contan xa cun lugar de seu na gastronomía da zona.

Durante a Festa da Faba, os bares e restaurantes de Lourenzá ofrécenlles aos visitantes as máis variadas e orixinais receitas elaboradas con esta leguminosa.

Non desmerece en absoluto a reposteiría do municipio e os seus arredores, destacando produtos como a Tarta de Mondoñedo, a Rosca de Santa Cruz ou as Colinetas do Valadouro.

Información sobre el documento

Escudo del    Concello de Lourenzá
Concello de Lourenzá
Plaza do Conde Santo s/n 00000 Lourenzá - Lugo (Galicia)
Teléfono: 982 121 006 / 982 121 552
E-mail: concello.lourenza@eidolocal.es