Fondo cabecera Concello de Lourenzá
Inicio » Servizos Municipais » Cidadanía » Servizos Sociais » Inmigración

Inmigración

En íntima relación coa área de Igualdade traballan os responsables municipais que desempeñan funcións de información e asistencia ás persoas inmigrantes.

O progresivo incremento de estranxeiros nos municipios galegos obrigou a institucións, organizacións e entidades a reflexionar sobre a acollida que os habitantes de cada municipio brindan aos seus novos veciños. Desde o Concello préstaselles axuda para a súa integración na comunidade e, ao mesmo tempo, promóvense actividades divulgativas e culturais co afán de facer da nosa veciñanza un espazo de solidariedade para as distintas xentes que queren facer da Lourenzá a súa terra de adopción.

Información sobre el documento

Escudo del    Concello de Lourenzá
Concello de Lourenzá
Plaza do Conde Santo s/n 00000 Lourenzá - Lugo (Galicia)
Teléfono: 982 121 006 / 982 121 552
E-mail: concello.lourenza@eidolocal.es