Fondo cabecera Concello de Lourenzá

Situación

Mapa

Este Concello sitúase na comarca da Mariña Central, no Norte da provincia de Lugo. Limita ao Norte co Concello de Foz, ao Sur co de Riotorto, ao Leste cos de Trabada e Barreiros e, ao Oeste, co de Mondoñedo, distando uns 10 quilómetros, en liña recta, da costa Cantábrica.

Está formado por catro parroquias: Santa María, San Xurxo, San Tomé e Santo Adrao. Estas tres últimas conforman o Val de Lourenzá.

Este Val posúe unhas características idóneas para a produción hortícola que, nos últimos tempos, se viu desenvolvida coa plantación masiva de faba.

O seu clima, dada a proximidade á costa cantábrica, destaca pola suavidade térmica e a alta humidade ambiental. As temperaturas medias anuais sitúanse arredor dos 13 ºC, as medias invernais son duns 8 ºC e as estivais de, aproximadamente, 19 ºC.

Na dirección Suroeste-Noroeste discorre o río Baos, dende o seu nacemento no municipio de Mondoñedo, ata Mazúa (San Xurxo), onde se lle une o seu afluente o río Batán, que nace no termo municipal de Riotorto. E dende Mazúa segue o Baos o seu curso cara ao Noroeste, ata a súa confluencia co Masma, xa na parroquia de Santa María

Información sobre el documento

Escudo del    Concello de Lourenzá
Concello de Lourenzá
Plaza do Conde Santo s/n 00000 Lourenzá - Lugo (Galicia)
Teléfono: 982 121 006 / 982 121 552
E-mail: concello.lourenza@eidolocal.es