Fondo cabecera Concello de Lourenzá

Servizos Sociais

O centro de Servizos Sociais do Concello está situado no Torreón dos Frades. Conta cunha asistenta social, unha educadora familiar e oito auxiliares a domicilio.

Na terceria pranta atópanse as oficinas da traballadora social e da educadora familiar.

Na segunda pranta podemos atopar unha sala de ocio e tempo libre onde se realizan actividades, especialmente adicadas a terceira idade como poden ser charlas, talleres de memoria, xornadas de lectura...

Na pranta baixa cóntase cun servizo de bar e cafetería. (Bar O Torreón).

Colabora estreitamente cos distintos departamentos do Concello (Deportes, Cultura e Xuventude....)

Enderezo:

Centro de Servizos Sociais "O Torreón"
c/ Muíño do Frade s/n
C.P. 27760 Lourenzá

Asistenta Social

Asesora, tramita e informa acerca de pensións, axudas para a terceira idade, ingresos en residencia, programas do Inserso, cheque asitencial, punto de informacion ó emigrante, axudas para escolarización do menor, programa de alimentos da Cruz Vermella, emerxencia social, festa da terceria idade.

O departamento de Servizos Sociais tamén participa nos distintos plans de inclusion social tanto a nivel da Comunidade como a nivel estatal.

Teléfono: 982 12 10 36

Educadora Familiar

Presta axuda e apoio ás familias, prioritariamente ás que teñen nenos e presenten algún problema de integración na sociedade.

Traballa con familias no ámbito da saúde. Favorece a convivencia familiar, combate o illamento social e traballa cos centros escolares.

Teléfono: 982 12 11 42

Imáxenes

Torreon Sala Tercera Edad Asistente social

Ver máis imáxenes

Información sobre el documento

Escudo del    Concello de Lourenzá
Concello de Lourenzá
Plaza do Conde Santo s/n 00000 Lourenzá - Lugo (Galicia)
Teléfono: 982 121 006 / 982 121 552
E-mail: concello.lourenza@eidolocal.es