Fondo cabecera Concello de Lourenzá

Saúdo do Alcalde

Saúdo do Alcalde

Benvidos a Lourenzá, lugar de terras amables, onde as súas xentes enarboran a bandeira da hospitalidade unha das suas moitas virtudes. As nosas orixes remontanse aos tempos do nobre e xentil home D. Osorio Gutiérrez, máis coñecido popularmente como "Conde Santo", santidade que lle ven outorgada por decisión popular, foi o fundador do Mosteiro de San Salvador, cenobio que constitúe o embrión da nosa vila, arredor do cal foi xurdindo unha trama de rúas de agradable visita.

A nosa Situación privilexiada permitenos gozar dun clima bondadoso que, xunto coa calidade das nosas terras, dá orixe a unha natureza de envexable riqueza, que premia o traballo das nosas xentes cos afamados froitos das súas terras.

A través desta fiestra que se abre ante vostedes, pretendemos ensinarlles o interior da nosa casa e, mediante a información que aquí se ofrece, invitalos a pasar. Non podemos permanecer alleos ás posibilidades que nos brindan as novas tecnoloxías e, con moita ilusión, ainda que limitados medios, pretendemos crear este punto de encontro que esperamos sexa do seu agrado.

Vidal Martínez-Sierra López
Alcalde de Lourenzá

Información sobre el documento

Escudo del    Concello de Lourenzá
Concello de Lourenzá
Plaza do Conde Santo s/n 00000 Lourenzá - Lugo (Galicia)
Teléfono: 982 121 006 / 982 121 552
E-mail: concello.lourenza@eidolocal.es